Sunday 28 de April de 2024

300 persoas de Lousame bailaron ao ritmo de Residentes e Boomërs no San Rockiño 2022


A primeira edición do San Rockiño tivo unha gran acollida no Concello de Lousame.

Ata 300 persoas acudiron ao campo da festa de San Roque para escoitar ás bandas de rock locais Residentes e Boomërs. A entrada foi totalmente de balde e a música comezou a soar ás 21:30.

Desde o Departamento de Cultura, promotor deste acto, móstranse moi satisfeitos pola acollida do San Rockiño 2022 por parte do público lousamiá e esperan que sexa un precedente para próximas edicións.